Ideas para a apertura do Cárcere

Estes anos dende a plataforma Proxecto Cárcere estivemos a traballar na posibilidade de dotar de uso a antiga Prisión Provincial da Coruña. Ante o inminente periodo electoral queremos trasladar as nosas ideas para a apertura do Cárcere, a todos os partidos políticos da nosa cidade para que poidan recollelas nos seus programas electorais. As ideas céntranse en torno a seis conceptos principais (Proxecto Cárcere, autoxestión, participación cidadá, financiamento, edificio e uso público), co significado que lle da Proxecto Cárcere a cada concepto na apertura do cárcere a cidadanía.

  • PROXECTO CÁRCERE
    • Proxecto Cárcere funcionaría durante a fase inicial de posta en marcha da proposta como facilitadora do proceso participativo e negociacións entre institucións e cidadanía aportando os seus coñecementos, experiencia e filosofía.

04_20_N_2010_4

  • AUTOXESTIÓN
    • Entendemos a autoxestión como a autonomía da cidadanía en determinar os contidos, a toma de decisións e a organización do cárcere.

XORNADAS_PC_7

  • PARTICIPACIÓN CIDADÁ
    • Entendemos a participación cidadá como un proceso no que os diferentes axentes sociais/cívicos da cidade/barrio contribuen ao ideario e funcionamento do cárcere. Este debe garantir que as diferentes voces son escuitadas e con valor na toma de decisións.
    • O dereito a tomar decisións no cárcere tería como fundamento o principio de mancomunidade “casa aberta con fume”. O dereito existe en canto a persoa ou colectivo contribúen ao funcionamento diario do cárcere e desaparece no momento en que deixan de contribuir a él.
    • Estableceríanse unha serie de contra-normas polas que se regularía a convivencia e usos do espazo. Exemplo: non-machismo, non-racismo…
    • Utilizaríanse metodoloxías socias como ferramentas de traballo grupal para facilitar o proceso creativo e participativo do cárcere (Educación Popular de Paulo Freire, Xogo Oasis, Facilitación de grupos…)

06_20_N_2010

  • FINANCIAMENTO
    • Poderíase financiar a progresiva rehabilitación do edificio e do seu uso real a través de crowfunding, obradoiros-taller, subvencións a diferentes institucións públicas/privadas, aportacións das iniciativas cohabitando no cárcere, etc
    • O CSCM (Centro Sociocultural e da Memoria) disporía dun bar e servizo de bar para eventos dentro do cárcere como un dos métodos de financiamento colectivo.
    • O financiamento de cada proxecto ou actividade concreta que se desenvolvera no edificio sería responsabilidade das persoas promotoras de cada iniciativa.

XORNADAS_PC_24

  • EDIFICIO
    • Proxecto Cárcere considera que o total do edificio debería ser cedido á auto-xestión e uso da cidadanía.
    • Propostas de rehabilitación e usos axeitados dos espazos dacordo coa súa morfoloxía, onde se inclúe un estudo exhaustivo e profesional do estado do cárcere a nivel arquitectónico, patrimonial e urbanístico no contexto da cidade da Coruña. Apóstase por manter a estrutura orixinal do edificio e iniciar un proceso gradual de restauración e mantemento do mesmo baseado en principios de adaptabilidade, sustentabilidade, participación e baixo custo.
    • O imobel debe cumprir cuns mínimos de rehabilitación e mantemento que garantan a seguridade das persoas que o utilicen.
    • Contarase cun seguro de responsabilidade civil para cubrir o bon desenvolvemento das actividades que nel se realicen.

aerea1

  • USO PÚBLICO
    • O uso do cárcere sempre sería público con acceso libre e gratuíto e respondería as necesidades das veciñas do barrio de Montealto en particular e do resto da cidade e contorna en xeral.
    • Proxecto Cárcere ten recollidas diversas propostas de uso no seu Plan de Viabilidade que se irían considerando dacordo a progresiva disponibilidade do espazo e a concreción e formalización das propostas.

XORNADAS_PC_1

2 opinións sobre “Ideas para a apertura do Cárcere

  1. pareceme moi ben que se aproveite o espazo da carcere. Non deixedes que se perda e acabe todo en ruinas como en outros sitios. Non vou apuntar ideas, pois non son omais indicado, pero seguro que vos as tedes e moi boas. A pedir

    Gústame

  2. Pingback: De Encuentros Transibericos y Sistemas Sostenibles | La Antigua Prisión Provincial de Coruña

Os comentarios están pechados.