A II Xornada de Convivencia de Proxecto Cárcere terá lugar o sábado 24 de 11 a 14h na Casa da Fariña (Praza de Azcárraga). Depois desfrutaremos dun almorzo compartido no que cada quen pode traer comida e bebida á vontade.
Levamos xá mais de 3 anos de andaina e pensamos que é este un bó momento para avaliar o feito e vermos para onde camiñar daqui ao futuro.
Nesta xornada contaremos co apoio facilitador de Xan Nogareda que nos suxerirá vías de indagación para os temas que nós vaiamos considerando de relevancia.
A participación nesta xornada é aberta a todas as persoas da plataforma sen restriccións xa que todas conformamos este proxecto de unha ou outra maneira e todas podemos aportar desde a nosa experiencia grande ou pequena.
Para calquera dúbida fainos saber.
Un saúdo forte e vémonos este sábado.