Proxecto Cárcere volta, por fin, das vacacións de verán e este mes de setembro teremos asemblea xeral de novo. Como sempre, está aberta a quen queira asistir. A data é o xoves 26, ás 20.30h, na Casa da Fariña (Azcárraga 1).
A orde do día é como sigue:
1. Aprobación da acta de xullo.
2. Grupos de traballo (Estado de contas)
3. Valoración do Arquitecturas Colectivas
4. Valoración do encontro na UFA Fabrik
5. Participación na Casa Tomada
6. Documental de Espacio Tangente
7. Jail Art
8. Plans de futuro
9. Varios
Esperamos vervos alí!
Saúdos, 🙂