Sesión Vermú do Proxecto Cárcere o domingo 16 de xuño ás 12h30 no mercadiño do Soho Orzán!!
As xentes de Proxecto Cárcere convidámosvos a todas e todos á sesión vermú que organizaremos o domingo 16 de xuño no Mercadiño Soho Orzán.
Ofreceremos vermú e pincho a prezos populares e contaremos con música ao vivo e moita vontade de rir, danzar e desfrutar dunha mañá soleada de domingo na nosa cidade.
Anímate e ven ao mercadiño do Soho a nos coñecer e a descobrir ás artesás e artesáns estupendas coas que contamos neste cantiño do mundo.
Este encontro servirá como aquecemento para a inauguración o sábado 29 de xuño do “JailArt, arte polo cárcere” onde se mostrarán as mais de 100 obras de arte postal vindas de todo o mundo á nosa cidade.
Mais información nas próximas semanas.