O pasado domingo 28 de abril estivemos na Casa da Fariña, espazo de co-working e creación recentemente aberto na Praza Azcárraga da Coruña, facendo un pequeno obradoiro sobre tecnoloxías.
Da mán de Maru, experta informática e amiga de Proxecto Cárcere, actualizamos os nosos coñecimentos da Wiki, ferramente que utilizamos desde hai tempo para gardar e poñer disponibel a quen quiser, a documentación desta iniciativa.
Na procura de novos xeitos de nos comunicar e organizar internamente, Maru mostrounos o N-1, un espazo virtual que nos sorprendeu pola súa versatilidade e practicidade. Quen sabe, talvez sea este N-1 o novo reto da plataforma….se nos atrevemos.
Grazas Maru pola túa xenerosidade e paciencia. 🙂