Após dous anos de actividade grupal pensamos que é o momento de regalarmonos un espazo e un tempo para nos coñecer e recoñecer de maneira individual e colectiva a través dunha xornada de dia completo de convivencia e debates.
Nesta xornada queremos abordar temas específicos dunha maneira mais extendida do que habitualmente é posibel nas reunións de asemblea ou grupos de traballo, que xeralmente teñen un carácter mais ben organizativo.
A biodanza será a encargada de prepararnos para esta I Xornada de convivencia que terá como temas a tratar:
- Comunicación interna
- Obxectivos
- Autoxestión e financiamento
- Procesos grupais
- Iniciativas alén do cárcere
Este encontro con xantar comunitario terá lugar o Domingo 17 de Febreiro de 2013.
Para mais información podes contactarnos en proxectocarcere@gmail.com
CPD (Comunicación para o desenvolvemento)