2º Aniversario de Proxecto Cárcere!!!

Para conmemorar os dous anos da iniciativa cidadá de recuperación do cárcere da Torre como centro sociocultural e da memoria, as xentes de Proxecto Cárcere reunrémonos en frente do edificio ás 12h do Domingo 25 de Novembro.

Tendo o cárcere como testemuña falaremos dos avances e retrocesos deste dous anos, e de como estes nos teñen impulsado para asumir novos proxectos e encontrar perspectivas desde as que continuar con esta iniciativa.

Contaremos nesta visita guíada polo contorno do cárcere coa participación de Manolo Pazos da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Tamén teremos pequenas sorpresas surrealistas a cargo do Grupo Surrealista Galego, faremos tazas costumizadas e outras accións improvisadas que poidan xurdir.

Finalmente brindaremos co doce sabor do chocolate por un novo ano no que esperamos conseguir que as nosas voces sean ouvidas e que as autoridades estean a altura da cidadanía da Coruña.

Proxecto Cárcere convida ao chocolate e as/os asistentes só teñen que traer a súa propia taza e o que queiran para compartir.

De ser as condicións meteorolóxicas demasiado adversas, daremos aviso e a festa será posposta, do contrario esperamos poder contar con todas e todos neste día e pasar unha mañá entretida co fondo da fermosa paisaxe do mar e do cárcere que nos fai bulir, crear e unírmonos para construir a nosa propia cidade, a nosa propia historia.

Un ano máis, parabéns Proxecto Cárcere!