O próximo martes 16 de Outubro ás 20h10 o compa Tomi da Cuac FM dará unha charla na AC Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) para compartir o aprendido no seminario “Cultural Strategies of Sustainability” que tivo lugar en Berlin o pasado mes de Setembro.
Despois de escuitalo o outro día na Asamblea de Proxecto Cárcere non seremos nós que nos perdamos mais información e ideais da súa estupenda experiencia.
Grazas Tomi por pensar moito, e pensar no ben común. 🙂