Do 10 a 15 de Setembro terá lugar no Centro cultural internacional UFA Fabrik o seminario “Estratexias Creativas de Sustentabilidade” no que participará Tomi Legido da Plataforma Proxecto Cárcere e radio comunitaria Cuac FM.
Este evento propón unha reflexión común sobre o potencial de estratexias sustentabeis e a oportunidade de descubrir prácticas existentes en Berlin e o resto da Europa. Os seis días están cheos de charlas e presentacións, coñecendo proxectos sustentabeis en Berlín, obradoiros de construcción con balas de palla, e expresión artística, interacción social e cine-bici.
Os participantes e expertas veñen de 16 países europeos: Croacia, República Checa, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Lituania, Holanda, Noruega, Rumanía, Eslovaquia, Estado Español e Ucrania.
Sobre a UFA Fabrik Berlin
O Centro Cultural Internacional UFA Fabrik Berlin é un dos pioneiros europeos no movemento da sustentabilidade. Durante mais de 33 anos téñense conectado aspectos ecolóxicos, sociais, de financiamento e artísticos para desenrolar o oasis cultural verde do distrito de Tempeholf en Berlín.
Os 18.600 metros cadrados da antiga fábrica da UFA-Film están abertos ao público durante todo o ano, ofrecendo produccións artísticas, educación, actividades comunitarias e proxectos ecolóxicos.
Para mais info: www.ufafabrik.de/es/nav.php?pid=44