PC 2862012 from MrEIDANPELIS on Vimeo.
A xornada de presentación do Plan de Viabilidade, no xoves 28 de Xuño, foi a celebración da capacidade de facer propostas e activarse dunha cidadanía coruñesa que demanda sen complexos unha xestión participativa e democrática dos recursos da Coruña.
Foi unha primeira presentación do Plan de Viabilidade, de cómo este se realizou, con que obxectivos e a que conclusións se chegaron nos sucesivos contactos burocráticos coas institucións, no traballo colectivo interno da Plataforma, e coa comunicación coas persoas e colectivos mais afíns ao proxecto así como coa Prensa. Escoitáronse e debatéronse os diferentes camiños a seguir pola Plataforma para conseguir os seus obxectivos e de cómo se pode conseguir chegar á xente para que ésta sinta como seu o proxecto e poda participar mais activamente.
Agora que temos xa unha documento físico coa proposta global das posibilidades do edificio, das capacidades humanas da cidadanía coruñesa e tendo aberto vías sustentabeis e factibeis de xestión e acción, pensamos que é o momento de pasar á seguinte fase do Proxecto Cárcere.
Na asamblea de Xullo fixemos unha valoración de todo este ano e desta xornada en concreto e saíron moitas ideas e propostas para ir pensando e concretizando ata o noso próximo encontro en Setembro. Sabemos que temos un traballo feito que nos lexitima e dá ferramentas potentes para o futuro, mas tamén que as prioridades son agora o achegamento físico ás xentes da cidade, e a claridade de propostas de acción cara ás institucións. Como facer isto e facelo ben é sen dúbida un grande reto de reflexión, aprendizaxe e traballo grupal, mas nesta altura xa descobrimos que este tipo de retos son os que verdadeiramente merecen ser conseguidos.
Queremos agradecer a todas e todos os artistas, colectivos, persoas que participástedes connosco na xornada do 28 de xuño, e ao longo de todo o ano, por permitirnos facer cada día mais desta utopía unha realidade.
GRAZAS!
“A noite de hoxe estame parecendo un soño. Mas non é. É que a realidade é incríbel.”
Clarices Linspector

GústameGústame