Despois de unhas semanas de grande traballo mais tamén de grande satisfacción teremos a última asamblea antes do verán, que parece se resiste a chegar. Será o mércores 11 de Xullo ás 20h no CS Gomes Gaioso (Rua Marconi, 9). Despois irémonos de tapeo e viños pola cidade, por favor enviade email confirmando por se temos de reservar nalgún local.
A orde do día é a seguinte:
1. Avaliación da presentación do Plan de Viabilidade e pasos a seguir
2. Presente e futuro da Plataforma.
3. Informe 2º Encontro da Rede Transibérica
4. Proposta AAVV Montealto
5. Varios
Vémonos!!! 🙂