Hoxe queremos recordar que foi exactamente un ano atrás que a cidadanía entramos na antiga prisión provincial, hoxe fechada e en estado de abandono. Fomos todas e todos nós que a conseguimos transformar nun espazo de intercambio cidadá, de participación e traballo común que nos confirmou que outros xeitos de facer son posibeis.
É posibel compartir, desde diferentes perspectivas, a construcción dunha cultura propia, na que sintamos que as barreiras entre artistas e público, entre espazo e persoas, entre dar e recibir, entre ensinar e aprender, quebran en mil pedazos deixando un espazo amplo e infinito para nós ser e facer.
Recordamos as Xornadas de Portas Abertas, como recordamos o doce sabor desas primeiras cereixas que foron repartidas no primeiro dos catro días que mudaron o noso pequeno mundo.
Para todas e todos, un ano despois chega o tempo de cereixas…
Un bico a P.C. por facernos sonhar.
GústameGústame
Fermoso comentario, fermoso soño.Quizáis esta utopia, este soño colectivo sexa realidade e nos participamos xa de el. Grazas a todas/os por participar neste magnifico soño.
GústameGústame