2º Encontro da Rede Transibérica de Espazos Culturais Independentes

A Plataforma Proxecto Cárcere vai participar no 2º Encontro da Rede Transibérica de Espazos Culturais Independentes, no 29, 30 de Xuño e 1 de Xullo, tendo xa asistido á primeira que se celebrou no ano pasado.

 

 

 

 

Despois dunha etapa inicial de encontro e establecemento de obxectivos comúns, a Rede está agora a traballar na súa consolidación como espazo de comunicación e acción no sector da cultura independente.

A Rede constituíuse en resposta á necesidade deste sector para incidir nas políticas culturais de forma colectiva e conseguir o recoñecimento do sector cultural independente perante a sociedade e á administración pública, reivindicando o valor da cultura como mecanismo de transformación social e recuperación do espazo público.

Para coñecer mais sobre a Rede Transibérica de Espazos Culturais Independentes ir AQUI

O 2º Encontro, no que participarán diversas iniciativas culturais do ambito estatal español como da república portuguesa, terá lugar no espazo de “El Hacedor”, na “Aldea del Portillo de Busto, en Burgos. O principal obxectivo de “El Hacedor” é diversificar a vida cultural no medio rural, organizando actividade contínua relacionada coas artes e cultura, nos pobos da comarca e cidades da provincia.

Proxecto Cárcere, ainda que non ten de momento un espazo físico, e estando no proceso de complexión do seu Plan de Viabilidade, participará de forma modesta mais con grande interese e vontade de aprender de iniciativas autoxestionadas con anos de experiencia e grande diversidade de prantexamentos sociais e culturais.

Como representante de Proxecto Cárcere irá Lydia Ramos, participante dos grupos de traballo de Infraestruturas  e Comunicación da Plataforma.

Grazas a ela por poñer ao dispor de todas as persoas que apoiamos este proxecto a súa disponibilidade e coñecementos. 🙂

Nesta imaxe o capítulo adicado á “red transibérica” no libro “Música para Camaleones”. O libro será presentado en Madrid o 4 de Xullo e mais tarde en Barcelona.

 

 

 

 

 

Algunhas fotos do 2º Encontro

  

Unha opinión sobre “2º Encontro da Rede Transibérica de Espazos Culturais Independentes

  1. Sabotagem instituicional de iniciativas de autoorganizaçom social em Corunha. O Governo municipal corunhês precinta temporariamente o local da Associaçom Cultural “Mil Luas”, centro social libertário onde até o momento se desenvolviam regularmente actividades socioculturais. A razom oficial da claussura é a necessidade de o local social reformar-se para adequar-se a normativa municipal sobre ruidos, trás a denúncia realizada contra a associaçom por um juíz residente no bairro. Várias pessoas denúnciam a intervençom do Concelho.

    Gústame

Os comentarios están pechados.