A compañeira Roci Fraga participou no programa Arredor Radiofusión explicando polo miudo o traballo feito pola Plataforma Proxecto Cárcere durante este primeiro ano de existencia. Roci comentou sobre a responsabilidade do Concello da Coruña e o Ministerio de Interior con respecto ao estado de deterioro e abandono do cárcere, así como da actividade da Plataforma que se vai constituir legalmente como asociacion para poder ter acceso aos diversos procesos burocráticos cos que se encontra no día a día.
Os diferentes grupos de traballo están a elaborar o Plan de viabilidade do Proxecto que será presentado aos organismos correspondentes para solicitar a cesión do edificio á cidadanía. E para o mes de Maio-Xuño terá lugar a Festa de Primavera aberta á participación de todas as xentes da Coruña onde continuaremos a visibilizar o proxecto e darlle forma entre todas e todos.
Salientouse nesta entrevista con Radiofusión que se o cárcere estivese disponíbel para a cidadanía habería unha programación continúa para moito tempo, xa que ao email de Proxecto Cárcere chegaran xá cando se solicitara colaboración para as Xornadas de Portas Abertas do ano pasado, mais de 95 propostas de actividades sociais, culturais, educativas, artísticas, deportivas e de entretimento xeral. A maior parte destas propostas non poideron ser realizadas por termos apenas 4 días de xornadas, mais se continúan a ter presentes para calquera posibilidade de poder entrar no cárcere e/ou organizar mais eventos similares.
Unha cousa temos moi clara en Proxecto Cárcere, que o potencial da xente e a capacidade para crear e producir acción sociocultural na Coruña é mais que evidente, agora falta saber cal é a capacidade das institucións para facilitar burocraticamente o espazo para que este grande potencial humano se desenvolva.
Podedes escoitar a Roci Fraga neste link http://173.255.131.23/audio/310112FRAGA.mp3
Fantástica Rocio.
GústameGústame
Ayer viernes, en el módulo 10 de la cárcel de Teixeiro, domicilio social de la asociación de mujeres Nosotras intramuros, y donde desarrollamos el proyecto Chicass10 desde hace 10 años, hablamos de vuestro debate , y me comentaron , ellas, las mujeres presas que son las que saben de la cárcel porque la viven y padecen , que os plantease la posibilidad de que ellas participasen en este debate.
Quizás sea una buena ocasión para dar voz a la población reclusa. Son parte de la ciudadanía.
Un saludo
pilar
GústameGústame
Moitas grazas Pilar,
paso a túa mensaxe à xente de Plataforma e en breve che damos resposta. O debate ao que te refires non foi organizado pola Plataforma pero sen dúbida nos gustaria moito coñecer a opinión e propostas das mulleres de “Nosotras intramuros”, e alegrámonos de que elas tamén estean interesadas polo tema do cárcere.
Se queres podes darnos o teu email e te escribimos directamente desde o email da Plataforma, que é proxectocarcere@gmail.com
Un saúdo forte a todas
Mariola
GústameGústame